Aarón Franco presenta en Poio o seu poemario «Punto e Coma»

POIO

Imaxe de arquivo do Casal de Ferreirós
Imaxe de arquivo do Casal de Ferreirós López Penide

04 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Organizado pola Asociación Cultural Gaiteiro Manuel Villanueva no mes das Letras Galegas, o Casal de Ferreirós de Poio acolle este sábado (19 horas) do libro de poemas Punto e Coma, de Aarón Franco Outón e publicado pola Editorial TarQus. Con entrada libre ata completar aforo, estará acompañado por Silvia Díaz e Elena Lameiro, poeta e mestra.

Dende esta asociación destacaron que, «con fondos vínculos vitais e familiares no noso municipio de Poio, en concreto no lugar de Viñas», Aarón Franco é licenciado en historia pola USC, especializado en Historia contemporánea e Estudos americanos, eido no que escribiu artigos como Emigración galega nas concas mineiras asturianas no período franquista, A pesca e os gremios de mareantes na Pontevedra do século XVIII ou A revolución demográfica do millo na comarca do Morrazo.